Baralla Galega

10.00

A Baralla Galega é un xogo de cartas que versiona a baralla tradicional española para ilustrar en 40 cartas parte da cultura galega cun tono humorístico.

A vieira, a cunca de viño, o fouciño e o pemento de Padrón son os catro elementos representativos da cultura popular que conforman os catro paos do xogo. As figuras rompen a xerarquía masculina da baralla tradicional e introducen á meiga (personaxe da mitoloxía popular), a vaca rubia galega e a gaiteira.